Dani Polo presentará este sábado 18 de novembro “Enmaxiarte”, un espectáculo de ilusionismo para todos os públicos onde o humor e a participación veciñal teñen un papel fundamental
Un total de 167 veciños e veciñas de Lousame participaron na segunda sesión do Festimaxia de Lousame, celebrado na xornada de onte. Por vez primeira nestas oito edicións do festival, a maxia saíu do centro cultural de Lousame para tomar a praza Teodomiro Hidalgo, onde aparcou a furgoneta da ilusionista Lore Lavand.
“O Baul do Mago” acolleu un total de oito sesións, duns vinte minutos aproximadamente, nos que un reducido grupo de veciños e veciñas tiña a ocasión de desfrutar da maxia de preto da ilusionista arxentina Lore Lavand e o seu espectáculo “Presente”.
Enmaxiarte
Por outra banda, este sábado 18 de novembro está previsto o espectáculo “Enmaxiarte”, do mago coruñés Dani Poli. Trátase dunha das súas propostas máis populares, ten uns 75 minutos de duración e está deseñado pensando en todos os públicos. “Un show fresco e novidoso, con números espectaculares e onde o humor e a participación do público teñen un papel fundamental”, explica Dani Polo.
Os veciños e veciñas de Lousame poderán desfrutar de diferentes especialidades do ilusionismo, desde as grandes ilusións ata o mentalismo. Para iso, deberán retirar as súas entradas gratuítas de www.bandoticket.com.